O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: Cara á construcción dun contradiscurso histórico ficcional na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín.

dc.contributor
Universitat de Barcelona. Departament de Filologia Romànica
dc.contributor.author
Lama López, María Jesús
dc.date.accessioned
2011-04-12T13:40:47Z
dc.date.available
2010-07-27
dc.date.issued
2001-10-01
dc.date.submitted
2010-07-27
dc.identifier.isbn
9788469359556
dc.identifier.uri
http://www.tdx.cat/TDX-0727110-113921
dc.identifier.uri
http://hdl.handle.net/10803/1739
dc.description.abstract
O DA TESE:

A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacions nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar unha historia silenciada e terxiversada dende o grupo hegemónico con intención asimiladora e uniformizadora. Xorde así a través do discurso histórico a postulación da orixe celta do pobo galego, unha idea que funcionará como "mythomoteur" no que se fundamenta a formación discursiva nacionalitaria e que, dende o eido da ideoloxía, se transfire inmediatamente á creación literaria adquirindo unha dimensión estética fundamental. Este mito ten unha eficacia interna extraordinaria para a formación do imaxinario colectivo galego e para a formación discursiva nacionalista, pois serve para proporcionar unha etnia de identificación -a dos pobos celtas- e, ó mesmo tempo, unha etnia de exclusión fronte á cal pode afirmarse o novo grupo, pois a Galicia celta érguese fronte ó resto da Península de orixe íbera.

A creación do mito da orixe celta de Galicia parte do traballo dos primeiros historiadores que, no século XIX, comezaron a elaborar un discurso histórico partindo da premisa da existencia dunha comunidade cohesionada e diferenciada no territorio galego. O labor destes historiadores potenciárono os publicistas que difunden a súa obra na prensa e en traballos de divulgación, e so no último cuarto do século, cando o celtismo defendido por Verea y Aguiar en 1838 está plenamente aceptado nos estudios históricos, esta idea encentra eco no discurso literario dun xeito decidido. Por este motivo considerouse necesario prestar atención nun capítulo inicial os estudios históricos que ían servir de base e inspiración os literatos e que nalgúns casos permiten enteder as causas ou as orixes de determinados tópicos que señorearon durante décadas na representación da identidade colectiva de Galicia.

Será obra de Eduardo Fondai (1835-1917) a que inaugure a representación literaria do mito celtista cunha evocación lírica dos tempos primitivos na que se recrea un sistema ideolóxico que recolle os postulados dos primeiros teóricos do galeguismo: o pobo galego debe tomar conciencia da existencia dun período de esplendor no pasado e so así será capaz de ganar a confianza no propio destino que lie permita actuar reivindicando os seus dereitos históricos. Despois dos ensaios de xustificar científicamente ñas obras históricas a orixe étnica diferenciada, o discurso literario aporta unha maior capacidade de difusión, ensaiada xa previamente a través das novelas en castelán de Benito Vicetto (1824-1878), e inicia un proceso de heteroxeneización do repertorio dominado polo modelo de inspiración popular instaurado polo texto fundacional dos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro (1837-1885), a través da apropiación dun repertorio externo. Incorporando a tradición dos países celtas créase un novo modelo estético de alentó épico, que aspira á elaboración dunha literatura culta e elitista en galego.

Vencellado ó tema do celtismo xorde, nunha segunda fase que se sitúa xa no século XX, o tema da materia de Bretaña como un intento de continuar coa ampliación do repertorio pola vía culta e, polo tanto, tomando como fonte os primeiros productos escritos da cultura europea moderna, que se entenden dende o galeguismo como unha nova forma de desenvolvemento da tradición celta. A relativamente escasa conservación de textos medievals da Materia de Bretaña no ámbito galego-portugués, que se limita a traduccions da "Post-Vulgata" e un fragmento do "Libro de Tristan", ofrece un contraste considerable co éxito acadado por esta temática no seu rexurdir contemporáneo dentro do ámbito literario galego. Por iso, deixando á marxe as contadas testemuñas da prosa galego-portuguesa, de difícil acceso para a maioría dos escritores modernos que se interesaron polo tema ata mediados do século XX, este estudio centrarase nas apropiacions e reinterpretacións deste corpus temático realizadas dende a literatura galega moderna que se inician coa obra que Ramón Cabanillas comeza a publicar en 1921. A proposta contida no título deste traballo co uso do epígrafe "literatura galega" remite a unha fase contemporánea da nosa cultura, fronte á fase común representada pola "literatura galego-portuguesa" medieval, pois é comunmente aceptado que xa está consolidado o proceso de diferenciación das dúas culturas nacionals - galega e portuguesa- iniciado coa decadencia da cultura medieval e intensificado polo distanciamento de Portugal respecto as térras do norte debido á súa autonomía política e á súa expansión territorial cara ó sur.

O obxectivo deste estudio é dilucidar os modos de utilización da tradición celta e artúrica e a evolución deste novo modelo en función da evolución do papel da literatura na definición da identidade e das necesidades de renovación do repertorio. Para afrontar estas cuestións resultan especialmente interesantes as propostas formuladas dende a etnopoética (Benamou, 1977) en canto á consideración do discurso literario como espacio conflictivo, de resistencia simbólica fronte á hexemonía dos valores das sociedades dominantes. A tradición cultural que se inicia en Galicia eos poetas do Rexurdimento e se consolida a comezos do século XX coas Irmandades da Fala e a Xeración Nós asigna á literatura un papel fundacional na producción e configuración da conciencia colectiva, así como na reivindicación dunha identidade marxinada e en proceso de desintegración a causa da presión dun sistema hegemónico homoxeneizador. A reapropiación da memoria histórica será o tema central do discurso étnico, partindo dunha relación dialéctica entre pasado e futuro dende a que se afirma a necesidade dun imaxinario social alternativo.
dc.format.mimetype
application/pdf
dc.language.iso
glg
dc.publisher
Universitat de Barcelona
dc.rights.license
ADVERTIMENT. L'accés als continguts d'aquesta tesi doctoral i la seva utilització ha de respectar els drets de la persona autora. Pot ser utilitzada per a consulta o estudi personal, així com en activitats o materials d'investigació i docència en els termes establerts a l'art. 32 del Text Refós de la Llei de Propietat Intel·lectual (RDL 1/1996). Per altres utilitzacions es requereix l'autorització prèvia i expressa de la persona autora. En qualsevol cas, en la utilització dels seus continguts caldrà indicar de forma clara el nom i cognoms de la persona autora i el títol de la tesi doctoral. No s'autoritza la seva reproducció o altres formes d'explotació efectuades amb finalitats de lucre ni la seva comunicació pública des d'un lloc aliè al servei TDX. Tampoc s'autoritza la presentació del seu contingut en una finestra o marc aliè a TDX (framing). Aquesta reserva de drets afecta tant als continguts de la tesi com als seus resums i índexs.
dc.source
TDX (Tesis Doctorals en Xarxa)
dc.subject
Xosé Luís Méndez Ferrín (1938-)
dc.subject
Celtisme
dc.subject
Galícia
dc.subject
Identitat col·lectiva
dc.subject
Nacionalisme cultural
dc.subject.other
Ciències Humanes i Socials
dc.title
O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: Cara á construcción dun contradiscurso histórico ficcional na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín.
dc.type
info:eu-repo/semantics/doctoralThesis
dc.type
info:eu-repo/semantics/publishedVersion
dc.subject.udc
82
dc.contributor.authoremail
lama@ub.edu
dc.contributor.director
Losada Castro, Basilio
dc.contributor.tutor
González Fernández, Helena, 1967-
dc.rights.accessLevel
info:eu-repo/semantics/openAccess
dc.identifier.dl
B.36763-2010

Documents

01.MJLL_1de4.pdf

7.232Mb PDF

02.MJLL_2de4.pdf

7.219Mb PDF

03.MJLL_3de4.pdf

8.144Mb PDF

04.MJLL_4de4.pdf

5.234Mb PDF

Aquest element apareix en la col·lecció o col·leccions següent(s)